Carlos Santiago, un colega contando polas tascas.
Esta é a web de Carlos Santiago un amigo de mil aventuras que agora despois de moito tempo de dar servicio-web a terceiros/as, decidiu ter a súa propia (vida).
Veña a que esperades para contactar con Grøenlandia...
En Cartaz
Se vos interesa contactarme para unha noite de micro e verborrea diabólica na vosa taberna, sala ou asociación podedes facelo enviándome un correo ao enderezo de Grøenlandia.
Actualmente teño en cartel o espectáculo Textículos, para Galiza, e Desacordos Ortográficos, para Portugal, os dous baseados en poemas e monólogos coma os que podedes ler aqui no iglú , e un novo espectáculo en preparación a estrear este Outono con novas piruetas dialécticas sobre o caldeiro do ácido.
Textículos é un espectáculo pornopoético no que un eterno aspirante a gañar o premio Esquivo, máximo galardón da Poesía Galaica, confesa os seus fracasos durante anos e perante toda clase de xurados, o que lle fai pensar a miúdo que, se cadra, quen está equivocado é el e non a cultura galega.
Escrito, dirixido e interpretado por Carlos Santiago.
Botádelle un ollo previo aos meus textículos, se non tendes reparos.
Necesidades técnicas: un micro, uns altofalantes e un atril
Palco mínimo: un recuncho cun pe de alto e tres metros cadrados de área. Non se realizará o espectáculo sobre mesas de billar, bidóns de gasolina ou teitos de garaxe.
Locais: recomendado pola UNESCO para todo tipo de tabernas, salas e locais sociais onde a poesía non se considere un atentado contra a saúde mental ou a decencia pública.
Advertencia: Contén linguaxe procaz e tamén sublime, en galego-portugués.
Estreado em Santiago de Compostela no Café Rock Atlántico en Maio do 2004.
Desacordos Ortográficos é um espectáculo de stand up que combina humor, sátira e poesia e no qual um jogador da Selecção Nacional de Poetas da Galiza aterra em Portugal com a intenção de jogar na Liga de Campeões da Poesia Lusófona com textos e poemas cheios de gralhas ortográficas. Confundido pela actualidade política portuguesa e a sua própria galeguidade, o jogador tratará de vencer no jogo com todos os meios ao seu alcance.
Escrito, encenado e interpretado por Carlos Santiago.
Necesidades técnicas: um microfone, uns altofalantes e um atril
Palco mínimo: um cantinho com um pe de alto e tres metros quadrados de área
Locais: recomendado pela UNESCO para todo o tipo de tascas, sás e locais sociais onde a poesia não seja considerada um atentado contra a saúde mental ou a decência pública.
Advertência: Contém linguagem procaz e também sublime, em galaico-português
Estreado em Viseu no Café Largo do Capitão em Maio de 2008