O can e a Ghuardia sivil.
Publicado por Rama o 3 November, 2009 - 18:31
Disque, xa fai anos, iba un home de Louro co carro de bacas e o can pola carretera gheneral. Tiña a costumbre de amarrar o can ó carro, pero es día non o amarrou.
Ó pasar a ghuardia sivil o can tirouse as motos e un dos ghuardias foi ó chan, e o can foi correndo para xunta o seu dono que ó velo vir doulle unha bareadas e o can fuxiu do sitio. O ghuardia ó levantarse foi cara a el todo nervioso e dolorido e preghuntoulle:
De quién es ese perro?
e el contestou: e eu que carallo sei si fora meu non escaba correndo por ahí arriba.
Déixovos unha Fotiño dun solpor en Lariño, que non teño a man ningunha dunha moto.