A U.D. Montelouro xa ten Himno
“Co escudo no corazón” título que engloba ó último proxecto levado a cabo por diferentes membros do panorama musical loureán e arrabaldes entre os que destacan Moncho de Pascua (Letra e Vos), Carlos de Lupe (Batería e percusión), Cris (Vos/teclados) e Javier do Campo (Jitarras/ Baixo), e da pé a que a U.D. Montelouro poida disfrutar de algo que antes nunca tivo, un “lema”.
Máis que un Himno é un cantar en forma de empurrón creado para provocar en todos ese pequeño sentimento de motivación extra que ás veces nos fai falla e nos anima.
O que se pretende con este traballo é premiar a tódolos membr@s que conforman dita entidade e como non, a toda esa xente que a apoia e a apoiou de xeito que permanecera case intacta ó longo dos tempos.
Ademáis é un tema que debe ser concebido coma un obsequio á entidade, e nunca como obxecto de ánimo de lucro por parte dos creadores. Esperamos que faga efecto e que o disfrutedes. Arriba a U.D. Sempre campións.