Documentales
Linguas cruzadas
Publicado por ajustin o 14 December, 2009 - 22:53En que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.
Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Directora: María Yáñez, Mónica Ares Ano:2007
flocos.tv
Descubren que os polbos usan cocos como escudos contra os depredadores
Publicado por ajustin o 14 December, 2009 - 21:15O Amphioctopus marginatus acostuma a levar enriba duas cáscaras de coco. Cando senten peligro métense dentro de unha mitade e tapanse ca outra. É a primeira vez que se detecta o uso de ferramentas en animales invertebrados. Ata o momento so se documentara o uso de útiles en algúns mamíferos e páxaros. VÍDEO: Current Biology / EDICIÓN: A. Vega (RTVE.es)
