Lingua
A editorial Ir indo ten un dicionario online
Publicado por ajustin o 21 December, 2009 - 23:07Con
Etimoloxías.
Equivalencias en portugués, castelán, inglés e alemán.
Con sinónimos, antónimos e variantes.
Conxugacións de verbos.
Pódese buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés e alemán.
Pódese acceder dende o móbil a través de wap.digalego.com.
Pódese engadir o Firefox e o Explorer.
Pódese incluir un sinxelo codigo cando publicas na web para que cando fagas dobre click nunha palabra, unha ventaniña faga unha definición do mesmo.
Proba a facer dobre clic en calquera palabra deste artigo.
A navalla suiza anticipa o seu último traballo.
Publicado por ajustin o 17 December, 2009 - 23:53Linguas cruzadas
Publicado por ajustin o 14 December, 2009 - 22:53En que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.
Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Directora: María Yáñez, Mónica Ares Ano:2007
flocos.tv